Fotografía Ferroviaria

Afeccionados á fotografía ferroviaria

SUPRESIÓN DA NECESIDADE DE CARNÉ PARA AFECCIONADOS

Fotógrafo

Dende o 1 de abril, os particulares que desexen efectuar fotografías nas zonas privadas de uso público das principais estacións ferroviarias de Adif non precisarán dispor de permiso previo.

Deste xeito desaparece o carné de afeccionado que era, ata agora, de presentación obrigatoria e requisito imprescindible para a realización de fotografías ou vídeos domésticos nos vestíbulos e zonas de ocio das referidas estacións.

Mantéñense, con todo, as limitacións para a realización de fotografías:

Nas zonas privadas de uso restrinxido das estacións nas que é necesario a posesión do correspondente título de transporte para o seu acceso a elas (salas de embarque, plataformas, etc.)

Naquelas zonas nas que se puidese producir afectación aos servizos e o normal desenvolvemento da actividade (centros de traballo, oficinas de venda de billetes, etc.); así como aquelas outras de acceso exclusivo que determina a Lei do Sector Ferroviario por estaren ligadas á seguridade na explotación ferroviaria (vías, túneles, postos de mando, etc.)

TRABALLOS PROFESIONAIS

No caso de se realizaren traballos para os medios de comunicación ou ben traballos profesionais e de investigación pode informarse dos requisitos a través da opción do menú correspondente.