Ourense. Estacións para o turismo interior
Vilar de Barrio
Liña de Zamora–A Coruña, a 60 km de Ourense.
A estación na súa planta baixa, como reforzo e impulso da Ruta da Prata, contará co seu propio punto de información turística, así como de cantina histórica.
Na planta alta construíronse 10 apartamentos dun dormitorio dotados de baño/aseo e cociña americana. Conta cunha sala común para comedor ou reunións.
A uns tres quilómetros atópase o centro ecuestre da Limia, que tamén foi construído
con fondos europeos; pola súa localización, esta estación recibirá turismo da serra de San
Mamede.
Ideal para o aloxamento de peregrinos e camiñantes.