- Inicio
- Infraestruturas e estacións
Infraestruturas e estacións
ADIF ten como misión fundamental enlazar ferroviariamente as distintas estacións que enchen os nosos territorios. E facelo de xeito seguro. Este labor esixe o esforzo constante por manter e conservar en perfecto estado todas as nosas vías, catenarias, sistemas de sinalización, centros de control da circulación e, por suposto, as nosas estacións.
A este labor de mantemento das nosas infraestruturas súmase a construción de novas liñas de alta velocidade, ao que contribuíron de xeito tan significativo os fondos comunitarios, tanto a través das axudas procedentes dos fondos de cohesión FEDER e RTE-T como dos préstamos do BEI, que responden aos máis altos canons de calidade esixidos.
A unión ferroviaria dos distintos territorios esixe a construción de grandes obras de enxeñaría (viadutos, túneles etc.) que ADIF acomete co obxectivo posto na rendibilidade económica e social de investimento.
O sistema ferroviario é un sistema en que cada engrenaxe é fundamental para que cada día circulen pola rede ferroviaria española máis de 5 000 trens de viaxeiros e de mercancías con seguridade, puntualidade e rapidez.
Nesta sección atopará os pormenores dos compoñentes das infraestruturas ferroviarias, tanto no referente ás vías (plataforma, raís, electrificación, sinalización, construción de viadutos, túneles etc.) como aos servizos das estacións de viaxeiros e centros loxísticos.
Estacións de ferrocarril
As estacións son lugares clave dentro do sistema de transporte ferroviario, onde cómpre atender as necesidades propias do viaxeiro e das persoas que acoden ao seu encontro. Requirimentos tales como a accesibilidade, a adecuación dos seus diferentes espazos e a prestación dos propios servizos ferroviarios (información, venda de billetes e atención ao cliente).
Máis aló das prestacións ferroviarias, ADIF quere poñer estes espazos ao servizo da cidadanía e, por iso, facilita e apoia o desenvolvemento de múltiples actividades relacionadas coa cultura, a arte e campañas de concienciación social nas súas instalacións a través do programa Estación Aberta ou simplemente como espazos integradores da actividade cidadá nas súas áreas comerciais.
Rede ferroviaria de viaxeiros
A través deste mapa interactivo pode coñecer o trazado das liñas con servizo de viaxeiros, tanto na rede de alta velocidade (largo internacional) como na rede convencional, e acceder á información sobre as principais estacións.
Servizos loxísticos
ADIF, no eido dos servizos loxísticos, ten a misión de xestionar con eficacia e seguridade as súas terminais e outras instalacións destinadas a prestar servizos ás empresas operadoras de transporte ferroviario de mercancías.
Xestión do patrimonio
Asemade, comprométese a realizar unha xestión responsable do seu patrimonio (enlace) e dos desenvolvementos urbanísticos en consonancia coas directrices, plans e programas do Ministerio de Fomento e en estreita colaboración con outras direccións de ADIF, comunidades autónomas, concellos e empresas inmobiliarias do sector.