Empresas e servizos
Servizos de Telecomunicacións
Oportunidade
O proceso liberalizador das telecomunicacións en España ofreceu a oportunidade á compañia ferroviaria española de desenvolver, a partir de 1998, unha nova liña de negocio que transporta información ademáis de viaxeiros e mercadorías. A empresa ferroviaria, comenzou a súa participación no sector das telecomunicacións ofrecendo ao mercado o exceso de capacidade da súa rede de fibra óptica. Posteriormente acomete as inversións necesarias e completa unha rede de fibra óptica cunha extensión de 12.000 Km. en Rede Troncal e 600 Km. en Aneis Metropolitanos.
Rentabilidade
A evolución económica do negocio foi boa. Ademáis da aportación de marxes positivos dotou á empresa ferroviaria, sen costes adicionais, dunha nova rede de fibra óptica que permite incorporar os novos desenvolvementos tecnológicos para a xestión e explotación ferroviaria.
Diversificación
A entrada neste mercado está en liña coas tendencias de diversificación das grandes empresas que tentan entrar en sectores cun alto potencial de desenvolvemento económico y contribuír, deste xeito, ao desenvolvemento dun sector, o das telecomunicacións, clave na economía e na sociedade.
Telecomunicacións Comerciais
Telecomunicaciones y Energía
Avda. Pio XII, 97-planta 1
28036 Madrid.
España